Sinopsis:
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.
Biografía del autor:
Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: " Fridon spik " (Xerais 1995, 2003), narracións breves; " Comendo espaguetis diante da televisión " (Xerais 1998), novela; " As horas sucias " (Xerais 2001), novela; " Breve crónica universal da clase obreira " (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, " Casa Skylab " (Premio Xerais 2003), novela, " Cabaret Voltaire " (Premio Manuel García Barros 2005), novela " O Globo de Shakespeare " (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e " Placebo " (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís " Todo a cen " (1995), " A rutina corsaria " (Xerais 1998), " Salitre " (Xerais 1999), " ¡Balea morta ou lancha a pique! " (Xerais 2002), " A cova das vacas mortas " (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, " Plastilina nos pulmóns " (2007), " O contador de estrelas " (2009), " Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo " (Xerais, 2013) e " Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido " (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: " Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela " (Xerais 2010), " A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña " , " Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo " (Xerais 2012), " O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo " (Xerais 2014) e " A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense " (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.