Sinopsis:
Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non teñen nome porque ninguén llelo pon, pero esta chámase Airosiña. Foi a primeira en botar a cabeciña fóra do niño feito polos seus pais na póla dun vello carballo que había por tras dunha casiña de fiestras verdes. O primeiro que viron os ollos de Airosiña, ademais do ceo azul, das nubes brancas, e da silueta malva das montañas ao lonxe, foron os cristais que pechaban unha galería e, por tras deles, un obxecto de curiosa feitura. As leccións dos pais non lle chegan a Airosiña, que devece por saber que hai tras dos cristais da galería. A súa inmensa curiosidade e espírito de aventura lévana a seguir paso a paso unha das experiencias máis marabillosas que pode ter calquera ser vivo: o nacemento dunha nova vida, a de Jimena.
Biografía del autor:
Paco Martín (Lugo, 1940). Mestre xubilado. Colaborador en diversos medios de comunicación, foi Premio Puro Cora de xornalismo, 1994. É autor de libros de texto para o ensino da lingua galega. Entre a trintena de libros que escribiu, destaca como o máis premiado " Das cousas de Ramón Lamote " (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986), e Lista de Honra do IBBY (1986). En Xerais ten publicados: " Servando I, rei do mundo enteiro " (1990), " Un robot pequeno " (1991), " A rula, o peluche e a nena " (2015) e " De paraugas " (2016).
"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.