As humanas proporcións (Literaria) - Tapa blanda

9788498659368: As humanas proporcións (Literaria)

Esta edición ISBN ya no está disponible.

Reseña del editor

Gañador do Premio Torrente Ballester 2003, Xesús Constela Doce propón un achegamento narrativo, desde a imaxinación creadora dun eficaz fabulador, ás distintas facianas da vida de homes e mulleres. En verbas do crítico Xosé Antonio Ponte Far, este libro de relatos é «unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre». Con este libro de relatos descóbrese un autor inédito ata o momento. O libro nace do vencello farturento entre literatura e imaxinación creadora. Nel xorde un novo territorio narrativo para a literatura galega, cunha linguaxe diferente, arriscada e efectiva, que engaiola e convence co poder dun gran fabulador. Xesús Constela Doce descobre unha dimensión nova do mundo cotián. O seu xeito de narrar ancórase na realidade inmediata para, con inusitada imaxinación, desvelar novas perspectivas narrativas en ámbitos moi variados da vida humana. As humanas proporcións configuran unha proposta literaria que ha sorprender o lector ou lectora pola súa facilidade para desmontar as convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.

  • EditorialEditorial Galaxia
  • Año de publicación2010
  • ISBN 10 8498659361
  • ISBN 13 9788498659368
  • EncuadernaciónTapa blanda
  • IdiomaGallego
  • Número de edición1
  • Número de páginas156

(Ningún ejemplar disponible)

Buscar:



Crear una petición

¿No encuentra el libro que está buscando? Seguiremos buscando por usted. Si alguno de nuestros vendedores lo incluye en AbeBooks, le avisaremos.

Crear una petición

Otras ediciones populares con el mismo título

9788482887210: Humanas proporcions, as (xv premio torrente ballester 2003): 207 (Literaria)

Edición Destacada

ISBN 10:  8482887211 ISBN 13:  9788482887210
Editorial: Editorial Galaxia, S.A., 2004
Tapa blanda