Este dicionario bilingüe está adaptado á nova normativa da Real Academia Galega. Contén máis de 25.000 artigos lexicográficos, e é sen dúbida o que ofrece unha información máis completa dos que existen neste momento no mercado. Cada artigo vai encabezado pola entrada en castelán, seguida da súa categoría gramatical. Cada acepción vai marcada por un discriminador semántico, e para cada unha delas ofrécense as distintas voces equivalentes en galego, das que se proporciona tamén información gramatical, cando esta difire nalgún aspecto da voz castelá de referencia. Cada acepción vai ilustrada cun exemplo en castelán coa súa tradución ó galego. Cando existen distintas categorías gramaticais dentro dunha entrada, as acepcións agrúpanse baixo cada unha das categorías, e cada un destes grupos vai clasificado baixo un epígrafe a), b), c)...
"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.
(Ningún ejemplar disponible)
Buscar: Crear una petición¿No encuentra el libro que está buscando? Seguiremos buscando por usted. Si alguno de nuestros vendedores lo incluye en AbeBooks, le avisaremos.
Crear una petición