Exeria. Viaxe a Terra Santa (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura) - Tapa blanda

9788475075440: Exeria. Viaxe a Terra Santa (Obras De Referencia - Xerais Universitaria - Lingua E Literatura)

Esta edición ISBN ya no está disponible.

Sinopsis

Exeria. Viaxe a Terra Santa editado por Xerais

"Sinopsis" puede pertenecer a otra edición de este libro.

Reseña del editor

No ano 1884 Gian F. Gamurrini atopou na cidade de Arezzo, na Toscana, un manuscrito latino de extraordinario interese. Tratábase da copia dun documento redactado contra finais do século IV por unha muller que, en sucesivas edicións e estudios deuse en chamar Exeria, Aetheria, Egeria, Gerie, etc., e da que xa tiñamos noticias do ano 680 polo monxe Valerio do Bierzo, que coñeceu os seus méritos. ¿Quen era esta muller? ¿Qué sabemos dela? Entre o ano 381 e 384, Exeria viaxou dende as nosas terras de Occidente a Constantinopla e Xerusalén, á Capadocia e á Tebaida no Alto Exipto, dende as praias do mar Vermello ás caeiras do Sinaí, e deu conta miúda das impresións daquela viaxe. Levaba canda si o guieiro da Biblia e a devoción polos Santos Lugares do cristianismo. Un documento fascinante. O Itinerarium ou Peregrinatio ad loca sancta, que tal é o título latino, é o primeiro texto dunha escritora galega. O seu valor é filolóxico, pero tamén histórico, relixioso, antropolóxico e literario. Unha crónica singular que, mil seiscentos anos despois, ofrecemos por primeira vez traducida ó galego.

"Sobre este título" puede pertenecer a otra edición de este libro.

  • EditorialXerais
  • Año de publicación1991
  • ISBN 10 8475075444
  • ISBN 13 9788475075440
  • EncuadernaciónTapa blanda
  • IdiomaGallego

(Ningún ejemplar disponible)

Buscar:



Crear una petición

¿No encuentra el libro que está buscando? Seguiremos buscando por usted. Si alguno de nuestros vendedores lo incluye en AbeBooks, le avisaremos.

Crear una petición